Arquivo por etiquetas: Sargadelos

Presentación pública

Hoxe, unha parte do grupo de galegas e galegos arredor do mundo que artellamos o grupo de traballo xunto a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía, presentamos na Galería Sargadelos a iniciativa Voltar á Terra.

O noso coordinador, Manolo Do Val, lembrou que en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado, máis de 200.000 persoas abandonaron Galiza dende o 2007, a suma da poboación das cidades de Ourense e Lugo, dando un novo pulo a sangría emigrante que nunca deixamos de padecer.

IMG-20150410-WA0009

A nosa compañeira Natalia Cabana, que emigra cara Inglaterra o vindeiro martes xa cun contrato nun hospital, explicou coma só esixindo entre todas cambios políticos poderemos chegar a vivir dignamente no noso País e emigrar cando queiramos, e non cando nos vexamos obrigadas a facelo.

Tamén nos apoiaron Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez, voceiros do emigrantes retornados, e Guillerme Ignacio, membro de Quempallou, quen interpretou unha cantiga de Cotobade dirixida ás que tiñan que marchar a buscarse a vida fóra.

IMG-20150410-WA0008

Coma sinalaron, o primeiro paso da iniciativa e a recollida de apoios individuais e de distintas entidades, e xunto as galegas na terra e na emigración que queiran colaborar e unirse a iniciativa, facer valer os nosos dereitos diante de institucións que terían que representarnos e non forzarnos a marchar.

Advertisements