Arquivo por etiquetas: Emigración

Emigrar, perpetuum mobile

“…incomprendido dunha nai amada e porén, distraída, discreta ou preocupada, o exiliado é un extranxeiro a súa nai” Julia Kristeva

emigracion galega

Cando se emigra, a realidade non ten só a consistencia da pedra, pón a proba a nosa própria consistencia. Emigrar non é o mesmo que deslocarse para desenvolver unha carreira profesional, viaxar ou ocupar un status. Que quen emigra desenvolva despois no país de acollida unha carreira non óbvia o feito de que emigrando non son mais do que estado de exilio. Ángulo crebrado. Emigrar é ficar sempre fora, á intemperie. De súpeto, fálase outra lingua. Até que o afora acaba tendo a consistencia da estabilidade que dá a xornada laboral até a consumación da autoexplotación. Eís o caso da mineralización da emigración galega no estado español. Nin se cuestiona a súa abultada estatística. Acontece como se fose o natural. Aliás, en occidente foi callando a percepción do emigrar vivencial e aventureiro como se fose o contraponto positivo á emigración socioeconómica por falla de oportunidades na pròpria terra. Xogo de ambivalencias entre o destemido e intrépido e o desarraigado e necesitado. Seguir lendo

Advertisements

Canción para a emigración galega

Moitas grazas a Baldomero Iglesias Bouzás por compartir con nós dende Bos Aires unha música que escoitan na radio arxentina, e que nas súas palabras a milleiros de kilómetros da Galiza “nos fai estarrecer de emoción cada vez que a escoitamos“.

Se alguén coñece a identidade da cantante pregámoslle que nolo facilite para poder recoñecerlle a súa autoría.

“Leva na maleta moita fame de vivir. Leva unha tarxeta da pensión onde vai durmir. Leva o seu futuro nese avión que o leva de aquí.

Deixa en terra firme os seus tesouros infantís. Marcha palpitando nos recordos despois de elixir. Tantas veces foi un simple conto e agora xa está aquí. Moitos soños vai buscar, moita vida por gastar.

Aínda non sabe onde quere chegar e avanza decidindo non deixar de avanzar, sen máis compañía que un día tras día, sempre camiñando, o seu camiño é a vida.

Aínda non sabe se ó final volverá e vive a nova vida sen deixar de avanzar, coa forza durmida da terra ferida. Vaia onde vaia, sempre irá con Galicia.

Veña! Sabemos que loitarás. Non deixes a aventura nin esquezas que atrás sempre terás a familia e os amigos. Sempre, sempre terás ese amor que vai contigo.”

Presentación pública

Hoxe, unha parte do grupo de galegas e galegos arredor do mundo que artellamos o grupo de traballo xunto a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía, presentamos na Galería Sargadelos a iniciativa Voltar á Terra.

O noso coordinador, Manolo Do Val, lembrou que en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado, máis de 200.000 persoas abandonaron Galiza dende o 2007, a suma da poboación das cidades de Ourense e Lugo, dando un novo pulo a sangría emigrante que nunca deixamos de padecer.

IMG-20150410-WA0009

A nosa compañeira Natalia Cabana, que emigra cara Inglaterra o vindeiro martes xa cun contrato nun hospital, explicou coma só esixindo entre todas cambios políticos poderemos chegar a vivir dignamente no noso País e emigrar cando queiramos, e non cando nos vexamos obrigadas a facelo.

Tamén nos apoiaron Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez, voceiros do emigrantes retornados, e Guillerme Ignacio, membro de Quempallou, quen interpretou unha cantiga de Cotobade dirixida ás que tiñan que marchar a buscarse a vida fóra.

IMG-20150410-WA0008

Coma sinalaron, o primeiro paso da iniciativa e a recollida de apoios individuais e de distintas entidades, e xunto as galegas na terra e na emigración que queiran colaborar e unirse a iniciativa, facer valer os nosos dereitos diante de institucións que terían que representarnos e non forzarnos a marchar.