Presentación pública

Hoxe, unha parte do grupo de galegas e galegos arredor do mundo que artellamos o grupo de traballo xunto a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía, presentamos na Galería Sargadelos a iniciativa Voltar á Terra.

O noso coordinador, Manolo Do Val, lembrou que en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado, máis de 200.000 persoas abandonaron Galiza dende o 2007, a suma da poboación das cidades de Ourense e Lugo, dando un novo pulo a sangría emigrante que nunca deixamos de padecer.

IMG-20150410-WA0009

A nosa compañeira Natalia Cabana, que emigra cara Inglaterra o vindeiro martes xa cun contrato nun hospital, explicou coma só esixindo entre todas cambios políticos poderemos chegar a vivir dignamente no noso País e emigrar cando queiramos, e non cando nos vexamos obrigadas a facelo.

Tamén nos apoiaron Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez, voceiros do emigrantes retornados, e Guillerme Ignacio, membro de Quempallou, quen interpretou unha cantiga de Cotobade dirixida ás que tiñan que marchar a buscarse a vida fóra.

IMG-20150410-WA0008

Coma sinalaron, o primeiro paso da iniciativa e a recollida de apoios individuais e de distintas entidades, e xunto as galegas na terra e na emigración que queiran colaborar e unirse a iniciativa, facer valer os nosos dereitos diante de institucións que terían que representarnos e non forzarnos a marchar.

Advertisements

8 thoughts on “Presentación pública

  1. Francisco Nogueiras Marra

    EU COMA EMIGRANTE …dende moi novo ..xa son casi 45 anos na emigracion sempre dixen que os galegos non merecemos Tantas desgrazas ….ser xente povre dun Pais rico….a emigracion marcas as nosas vidas con tanta profundidade que moitos chegamos a conclusion que xa somos xente…de ningures …e os noso retorno somos emigrantes na propia terra….nesta Nova fuxida da xuventude non so a galega si non de todo o estado….no momento que a economia milhore os emigrantes do resto do estado retornara ,e seremos ou seran so os galegos os se queden….porque saben que no noso Pais ,..GALIZA….temos unha Panda de caciques que so Miran por os seus intereses ……a tristura dun PATRIOTA GALEGO….non ten fin..

    Gústame

    Resposta
    1. casdeiro

      “no momento que a economia milhore os emigrantes do resto do estado retornara” Non, Francisco, a economía non vai mellorar. Esta crise non vai rematar nunca: http://crashoil.blogspot.com.es/2010/06/digamos-alto-y-claro-esta-crisis.html Por iso hai que formular o retorno —o cal eu defendo como o que máis, e desde hai moitos anos, como fillo da emigración que son— desde uns parámetros máis realistas. Se non, imos mal.

      Gústame

      Resposta
  2. casdeiro

    Benvida esta iniciativa… non foi sen tempo. Aínda non lin o manifesto completo, pero en principio chócame que se pidan soamente “cambios políticos que nos permitan vivir dignamente no noso país e emigrar cando queiramos, e non cando nos vexamos obrigadas a facelo” cando as condicións que levan á emigración non soamente son políticas (que tamén, por suposto!) senón tamén ambientais, económicas e de recursos. Isto ímolo vivir cada vez máis a nivel planetario e tamén no noso país, non pensemos que nos imos librar, vivindo probablemente tamén fluxos de inmigrantes climáticos ou por carencia de alimentos. Fálase de favorecer o retorno mediante iniciativas sustentables, o cal é absolutamente necesario, espero que non sexa só un verniz verde e que se vaia comprendendo pouco a pouco a perspectiva que nos espera no país e que debuxamos en http://galiza.pospetroleo.com

    Gústame

    Resposta
  3. casdeiro

    “xeramos máis recursos enerxéticos -electricidade- dos que precisamos”
    En que baseades esa afirmación? Recoméndovos ler a Xoán Doldán, p.ex. o seu texto “A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza”, incluído no libro “Ecoloxía política”, publicado por OBenComún. Ou consultar as cifras que se achegan na “Guía para o descenso enerxético”, dispoñible de balde en http://galiza.pospetroleo.com/solicita-o-teu-exemplar/

    Non podemos basear manifestos, polo demais moi louvables, en falsas apreciacións nunha cuestión tan vital para diagnosticar o noso futuro.

    Gústame

    Resposta
  4. casdeiro

    “Non queremos agasallos, mais tampouco que nos pechen as portas do noso país. A emigración non só supón rachar familias e separarse da xente que queremos, senón desvertebrar o noso territorio, introducir fendas xeracionais irrecuperábeis e condenarnos a continuar no círculo da dependencia que nos ten nesta mesma situación.” Imaxino que falades da dependencia POLÍTICA, mais… que hai da ENERXÉTICA? Non se pode ter unha en conta sen a outra: a primeira soberanía, é a dos recursos. E aí estamos aínda máis lonxe de sermos sobernanos ca no terreo político.

    Gústame

    Resposta
  5. André Mauricio

    Pois eu si que vou asinar o manifesto, e quero ter a posibilidade de voltar, e de deixar de pensar nun futuro en calquera país do mundo excepto do meu.

    A resposta ás cuestión que formulas están nas mesma páxinas ás que nos dirixes, como sinala Miguel Anxo Abraira (http://www.vesperadenada.org/2014/11/03/crise-enerxetica-mundial-e-nacionalismo-galego/) :

    “Certo é que as condicións existentes en Galiza para a sociedade post-petróleo, que xa está dando os seus primeiros pasos, son inmellorables mais todas estas boas condicións naturais de nada serven se o poder político decide que de estas vantaxes comparativas quen ten que sacar partido non debe ser a sociedade galega no seu conxunto senón as sociedades e as élites nas que radica o poder político e económico (España)”.

    Por iso só indo ao eido político se poden xerar transformacións reais en calquera dos outros.
    Nese mesmo artigo apunta que “Galiza está nunha situación inmellorable no tocante á produción eléctrica en base a fontes renovables, pois para os consumos actuais -grazas a produción hidráulica, eólica e de biomasa- somos capaces de auto-abastecernos. Ademais si se apostase por explotar máis o potencial mini-hidráulico e mini-eólico a capacidade produtiva podería incrementarse de xeito importante sen causar impactos ambientais significativos. A produción de electricidade procedente dos leitos de auga ou do vento a diferencia da obtida mediante paneis fotovoltaicos ten unha Taxa de Retorno Enerxético (T.R.E.) – cociente entre enerxía obtida e a empregada no proceso produtivo máis a consumida na posta en funcionamento do sistema- moi alta polo que podemos pensar que o pobo galego non tería porqué verse sumido na escaseza eléctrica nin a medio nin a longo prazo.”

    O INEGA no 2012, o derradeiro ano no que foi publicado, cuantifica nun 40% o excendente eléctrico da Galiza, e é a apreciación máis directa en termos estatísticos para este tema.

    E por último concordo con Francisco, pois esa emigración da que fala non é estructural, por iso voltan cando a situación económica mellora, o único claro é que temos a sorte de vivir cun país con case todo, o único que nos falta é vontade para como País comezar a decidir nós o que nos atinxe.

    Gústame

    Resposta
    1. casdeiro

      O INEGA no 2012, o derradeiro ano no que foi publicado, cuantifica nun 40% o excendente eléctrico da Galiza, e é a apreciación máis directa en termos estatísticos para este tema.

      Haberá que definir que entendes por “excedente eléctrico” e como se come co feito de que case 10.000 ktep da enerxía primaria en Galiza proceda da importación e apenas 2.000 ktep dos recursos propios (fonte: “A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza”, X. Doldán). Iso a min parécem moi lonxe da suposta autosuficiencia enerxética galega.

      Ademais non se separa no manifesto nin na túa contestación o que é electricidade de enerxía total consumida, como se fose a mesma cousa. Do que fala o compañeiro Miguel Anxo, en todo caso, é electricidade. Pero ti me dirás como moves todos os vehículos do país sen combustibles fósiles, incluidos os tractores cos que cultivan os alimentos. Cuestión na que, por desgraza tampouco somos autosuficientes, pois como ben explican os autores do libro recentemente publicado “O pequeno é grande”, Galiza é deficitaria en alimentos, pois co que producimos non dá para comermos e temos que importar aínda unha boa parte. E a cuestión alimentar está estreitamente ligada coa enerxética, con este modelo agroalimentar que temos agora imperante, e no que por certo ten moi pouco que ver a produción eléctrica que poida facer o noso país.

      De todos xeitos alédame que leas o blog da nosa asociación. Espero que tamén leas o resto de páxinas e non só o artigo de Miguel Anxo, así como a “Guía para o descenso enerxético” e os textos de Doldán referidos, no que por exemplo di cousas que negan o posicionamento expresado neste manifesto: “esta capacidade de exportación enerxética mantida ao longo de máis de medio século acabou por configurar no imaxinario colectivo a idea de que Galiza gozaba e goza de excendente enerxético e que isto permitiría unha autonomía enerxética plena sen alterar a nosa demanda e consumo enerxéticos.”

      Gústame

      Resposta
    2. casdeiro

      temos a sorte de vivir cun país con case todo, o único que nos falta é vontade para como País comezar a decidir nós o que nos atinxe.

      O de que temos “case todo”, é moi relativo. Depende do modelo de sociedade que teñas. Desde logo para manter este modelo actual fáltannos moitas toneladas de petróleo ao día… Se queremos vivir só das fontes renovables autóctonas paréceme caralludo: non podería estar máis de acordo. De feito, vai ser o único que teñamos cando nos deixe de chegar esa enerxía fósil (petróleo, gas, carbón) que nos permite ter excendentes na produción eléctrica. Se o manifesto dixera iso e non confundira á xente con capacidades que non temos, sería o primeiro en asinalo. Se cadra aínda estades a tempo de o corrixir nese sentido decrecentista pois só un importante decrecemento no consumo interno nos permitirá ser autosuficientes, xunto cun radical troco de modelo no sentido que apunta Doldán nese importante traballo mencionado.

      Gústame

      Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s